Somos unhas mozas galegas moi rebulidas que nos xuntamos hai un tempo de maneira profesional complementando os nosos saberes nos eidos do deseño gráfico e web e do marketing online. Podes visitar a nosa web redeiras.net onde ofrecemos estes servizos por se che interesa traballar con nós!
Coñecéndonos fomos descubrindo novas facetas creativas que queremos compartir ademais de incorporar neste sitio o traballo doutras amigas creadoras e artesás.
Nesta lonxa virtual atoparás cousas bonitas, pezas feitas a man e deseños agarimosos ofrecidos para te enfeitar!